coralPOLIFONICAdeRIBADEO


martes, 20 de marzo de 2007

Palabras de Hernán Naval sobre a Coral:

Por polifonica-ribadeo a las 16:56
“A afeizón musical dos ribadenses e mesmo a práctica musical vocal e instrumental, é aquí mayor que no común das vilas e concellos semellantes. Neste sentido, a existencia da Coral Polifónica desde hai lustros é un significativo exemplo. Mesmo un coro da terceira idade como é “Airiños de Ribadeo”, baixo a dirección de Gonzalo Montero Cruz, é algo sobresaínte”,

Cando a inauguración da Escola Municipal de Música de Ribadeo.

http://ribadeando.blogspot.com/


*Hernán Fernando Naval Parapar. Músico galego (Viveiro 1962 - Ribadeo 16 de maio de 2001), director de banda e trompetista, a máis de compositor, pedagogo, poeta, dramaturgo, ensaísta...

Creador da banda de Ribadeo, da Academia de Música Carlos Álvarez Fernández-Cid e da Escola Municipal de Música de Ribadeo (para a que se están facendo xestións para que leve o seu nome), das que foi director. Asi mesmo, tamén foi director con anterioridade da Coral de S. Cibrao. É autor de obras musicais para diversas agrupacións e de numerosos arranxos. Dirixiu musicalmente a Banda Sinfónica Muncipal de Ribadeo dende a súa creación (1992) ata convertila nunha das máis importantes de Galicia, grabando con ela dous discos, no primeiro dos cales gravou dúas obras súas.

Tamén foi un prolífico articulista, facendo incursións no ensaio e o teatro. A súa obra pedagóxica está recollida en múltiples conferencias e artigos recollidos en diversos medios e publicacións. A súa faceta literaria está exemplificada nalgunhas das súas obras teatrais como "Comunicando" e en multitude de poemas.

http://ribadeando.blogspot.com/2005/12/hernn-hernn-naval-escritos-e-prensa-v.html Nese enderezo podeis acadar mais información sobre Hernán.

Comentarios