CORAL POLIFÓNICA DE RIBADEO
Especialidade:polifonía
Teléfonos de contacto: 617-81 45 09/ 982-13 03 04
Presidente: A. Eliseo García-Bouso Martínez
Directora: María del Carmen Rodríguez Cancelo
Número de compoñentes: 50 Especialidade: polifonía
A C. P. de Ribadeo foi fundada en 1955, o que a convirte na decana da provincia de Lugo. No ano 2005 celebrou, polo tanto, o seu 50º aniversario. Esto deu motivo a que o Concello de Ribadeo, en setembro dese ano, concedese á Coral a "Medalla de Ouro de Ribadeo", que lle foi entregada nun Pleno Extraordinario celebrado o día 24 de novembro de 2006. Ademáis, a Asociación de Radio e Televisión de Lugo concedeulle á Coral de Ribadeo, tamén no mes de setembro de 2005, o premio de "Lucense do ano", que lle foi entregado o día 18 de febreiro de 2006.
Desde o mesmo día da súa fundación, estivo dirixida por D. Carlos Álvarez Fernández-Cid, ata 1984, ano da súa morte. A partires desa data a dirección atópase baixo a batuta de Dª María del Carmen Rodríguez Cancelo, mestra e profesora de piano titulada polo Real Conservatorio de Música de Madrid.
A Coral conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, tanto españolas como doutros países, especialmente iberoamericanos. Na actualidade conta cunhas 50 voces mixtas que reflicten, polas súas idades, a tradición, o presente e o futuro.
A Polifónica de Ribadeo apadriñou ás Corais lucenses de Viveiro e Sober nos seus concertos de presentación. Realizou numerosas actuacions en moitas vilas e cidades de Galicia e Asturias, e tamén en Astorga (León), Algemesí (Valencia), San Sebastián, Barcelona, Sabadell, Jaén, Marbella, Laredo (Cantabria), Lisboa, Madrid e Valladolid, así como grabacións para radio e televisión. Ten, asimesmo unha cinta magnetofónica, grabada en directo no ano 1995, na que se recolle o concerto conmemorativo do 40º aniversario. O 26 de decembro de 2002 presentou o seu primeiro disco compacto, titulado "nos mares da música".
Por outro lado, actuou conxuntamente con diversas agrupacións instrumentáis: Banda Sinfónica Municipal de Música, Grupo de Gaitas "Follas Novas", Rondalla "Amigos de la Música", Grupo de Percusión "Chequeré" e Grupo de Música de Cámara "Arco-Vento", todas elas agrupacións musicáis de Ribadeo, así como coa Orquesta de Acordeones "Amanecer", de La Caridad (Asturias). Asimesmo, colabora habitualmente coa Coral a pianista Carmen Álvarez Lebredo.
A Coral Polifónica de Ribadeo, uns humildes intermediarios entre o compositor e o público, dá vida, dentro da súa faceta de afeccionados, á linguaxe musical, co orgullo de saberse posuidores do máis fermoso e cercano instrumento musical da natureza: a voz.